A incrible historia da maxia
“O Mago Teto na Biblioteca de Arbo”
Un paseo moi entretido pola Historia da Maxia, que nos levou dende os inicios, (fai máis de 4500 anos), no Antigo Exipto , pasando pola maxia chinesa, a Idade Media, cos primeiros libros publicados sobre maxia, (grazas a imprenta), achegándonos a Copérnico, Newton, ata o 1º libro de maxia en español, alo polo 1723, titulado “ Juego de manos” , pasando pola maxia no cine, os magos galegos e rematando con Juan Tamariz. Todo isto entretexido con xogos de maxia moi entretidos ( cubiletes, cordas, aros, cartas, etc ), que fixeron a ledicia de pequenos e maiores ¡¡Todo un espectáculo !! Moitas grazas, Héctor.


Mago Teto comeza



Actuación da “Nena Barbuda” ( Cecilia Vázquez Martínez ) na Biblioteca Pública de Arbo, o día 10 de xullo do 2019, de 12.00 h en diante. O espectáculo consistíu na explicación dun xeito ameno sobre a arte abstracta, terminando por involucrar os pequenos ( nenos ata 13 anos), no mesmo, os cales terminaron por pintar un mural no chan da Biblioteca, o que foi moi divertido.
“A MAXIA DOS CONTOS” dos magos Ian e Elisa



Séguenos