Mega Obradoiro de Globoflexia 2.0 Maxia na Biblioteca Central de Cangas
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas co divertidísimo Mega Obradoiro de Globoflexia 2.0 Maxia. Desfrutamos moito e quedámonos con ganas de máis.

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas co divertidísimo Mega Obradoiro de Globoflexia 2.0 Maxia. Desfrutamos moito e quedámonos con ganas de máis.


Onte desfrutamos moito cos fermosos monicreques de Galitoon e os seus contos, descontacontos e contos cantados.

Desfrutamos moito coa fusión de contos pola igualdade que Trécola Teatro nos representou.
Onte divertímonos moito con Carmen Domech e o seu espectáculo “Onde viven os monstros”: títeres e contos para os nen@s que desfrutaron tamén os maiores.


Onte desfrutamos moito coa representación de “O traxe novo do rei” de Tarabelos. Moi boa representación do clásico de H.C. Andersen e magníficos títeres.



Rapaces e adultos desfrutamos na Biblioteca infantil dos contos e xogos do Carballo con Botas, co seu espectáculo “¿Sabes coser? Obradoiro de contos de igualdade”.

Onte, nenos, nenas, pais e avós desfrutamos moito no obradoiro de bailes tradicionais co que Montse Rivera nos deleitou tomando de base o libro “Na punta do pe”, de Pesdelán, e outros da mesma temática.

Desfrutamos moito co obradoiro de chapas para a igualdade, cunha gran participación de rapaces e familias.

Da man de Anxo Rial e empregando un dron, creamos un clip promocional da Biblioteca Central que utilizaremos para publicidade e difusión na web da biblioteca e nas redes sociais do Concello.

O grupo “Magia en la Manga” fíxonos pasar un bo rato cos seus trucos de maxia ao mesmo tempo que facía un recordatorio das mulleres magas pioneiras nesta arte.


Séguenos