A biblioteca de Catoira convértese nun laboratorio de Biotecnoloxía!
O domingo 2 de abril conmemoramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil en Catoira con un divertido obradoiro de ciencia que converteu por unha tarde a biblioteca nun laboratorio. O divulgador Manuel Vicente recreou a escena dun crime para explicar aos participantes como se utilizan as mostras de ADN para resolver moitos casos reais. Para iso, seguiron as pistas atopadas na escena do crime e mesmo fixeron un experimento consistente en extraer o ADN dos chícharos. Toda unha experiencia!






Imaxe do Contacontos e do Obradoiro creativo













Séguenos