Para conmemorar o día do libro infantil e xuvenil a biblioteca levou a cabo unha representación teatral coa participación dos nenos mediante a fabricación dos monicreques por eles mesmos. Coa colaboración da asociación cultural morreu o demo.
Grandes e pequenos disfrutaron ao longo da mañá con un caldiño moi animado e quente, que fixo as ledicias de todos os asistentes a esta gastronomía literaria.
Actividade realizada para nenos entre 6 e 12 anos levada a cabo na biblioteca pública municipal na que os nenos aprenderon a facer monicreques con cartolinas de cores, inventando distintas caras e conseguindo coa súa imaxinación grande variedade de marionetas que puideron levar para a súa casa.


Séguenos