Obradoiro de lettering na B.P.M de Mondariz Balneario
Onte tivemos o gustazo que contar coa presenza de Alba Farto, debuxante e ilustradora, na bilio de Mondariz Balneario, onde nos ensinou moitísmo contido sobre a arte do deseño de letras co seu “Obradoiro de lettering”.

As participantes deron os primeiros pasos nesta arte empregando diferentes ferramentas para acadar o coñecemento mínimo que lles permita seguir a profundar nas súas casas e desenvolvan a súa creatividade.
Foi unha marabilla ter a Alba con nós e agardamos que pase outro día para profundar nas técnicas do lettering.























Séguenos