“Contos de inverno” Cucarandainas
Unha entretidísima tarde de contos, interactuando cos nen@s, xogando coa fantasía e a imaxinación dos nenos
Unha entretidísima tarde de contos, interactuando cos nen@s, xogando coa fantasía e a imaxinación dos nenos
Espectáculo musical moi entretido, a voz e os instrumentos amenizaron a tarde na nosa vila
Actividade musical super entretida cons instrumentos e diferentes estilos musicais, cantando historias divertidas e de xéneros variados
Conta contos tradicional acompañado da súa guitarra….. e coma dicen que coa música se transmiten mellor os sentimentos, e se consegue entreter a pequenos e grandes, caracterizado para a ocasión cuns simpáticos pantalóns, narrando historias entretidas, divertidas e fantásticas…..¡¡¡
No pasado 10 de outubro visitou a BPM do Rosal “historias correntes de xente diverxente” con Bego Bras dentro do programa de igualdade e violencia de xénero.
Unha maneira de enfocar a sexualidade, transexualidade…… dunha maneira lúdica que fai entender os nenos a realidade da vida, a igualdade de ser diferentes.
O pasado martes 8 de outubro tivemos no salón anexo a BPM do Rosal a O mago Paco con “unha maxia diferente” encadrada no programa de igualdade e violencia de xénero.
Utilizando a maxia como entretemento e os contos como base achégase os pequenos a igualdade de ser diferentes¡¡
O pasado venres 4 de outubro na BPM de O Rosal tivo lugar a actividade de “Micromachista eu? Encadrada dentro da categoría Igualdade e violencia de xénero, a través da cal Caxoto contacontos achegou ás persoas asistentes á realidade da igualdade facendo visible a presenza que teñen os micromachismos na nosa cultura, nos contos e mesmo no día a día.
“Contos que veñen e van” da man de Pavís Pavós visitou a BPM do Rosal o sábado 5 de outubro.
Unha actividade dirixida ao público infantil na que as voces e a xestualidade dos contacontos foron os elementos principais para transmitir unha serie de historias coas que as persoas asistentes puideron desfrutar dos contos unha vez mais.
O pasado 28 de setembro dentro do programa “Ler conta moito” visitounos Eduvia con “Bibliocanta”
Unha actividades maravillosa para que as nenas e nenos se acheguen ao cancioneiro tradicional galego á vez que saborean e desfrutan das cancións propostas, permitindo recuperalas e que non caian no esquecemento estes ditos, recitados e cancións, transformándose de novo nunha forma de lecer e de expresión.
O pasado 21 de setembro chegou O Rosal, “Xogando coas palabras” da man de Javier Muro,, cunha actividade espectacular, dende a maxia e a fantasía dos nenos, onde participan de magos improvisados, espertando a curiosidade e invitándoos a participar, sin poder evitar sumerxirse na fantasía dos contos e personaxes improvisados das narracións.
Séguenos