Os “contos para pasalo de medo” de Carmen Domech chegaron a Tui
Onte, martes 6 de outubro, a Biblioteca Pública Municipal de Tui acolleu a sesión de contacontos de Carmen Domech co atrativo titulo de “Contos para pasalo de medo”.
Os rapaces e rapazas, xunto cos seus pais e nais, que asistiron disfrutaron das narracións de Carmen, dos seus monicreques, da súa imaxinación, dos seus relatos… quedamos todos abraiados, pero non polo medo ou o terror senón polo humor e o amor que nos transmitiu Carmen na sesión.










Séguenos