“POPÍN PREGUNTÓN BUSCA O LEÓN” en Vilanova de Arousa
O domingo 24 de xuño ás 21:00h. no concello de Vilanova de Arousa, estivo o payaso Popín, facendo as ledicias de todos os nen@s asistentes.

CARTEL

CARTEL
Obradoiro moi ben acollido polos rapaces participantes na actividade. Resulta interesante descubrir a gran imaxinación destes cativos.
En ” Comechíns, segundo prato” mergullaron ós rapaces nun munco imaxinario, no que descubriron como a lectura pode abrir o apetito… E sobre todo, que cousas convén comer para saciar ese apetito.
O pasado día 17 de maio , celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, acompañados do músico Alvaro Muras e o mago Martín Camiña coa actuación de maxia e música “MAXICOSONS” unha aventura entre libros, homenaxeando a Filgueira Valverde. Contamos cun publico familiar, e onde os pequenos participaron dentro do actividade, pasando unha hora moi amena e divertida.
O día 25 de abril, con motivo da celebración do DIA DO LIBRO, que se comemorou o día 23 de abril, na Biblioteca Municipal Irmáns Camba de Vilanova de Arousa tivo lugaro espectáculo de títeres O Libro da Selva.
A participación foi familiar, os nenos e neñas acompañados de seus país, onde pasaron una rato moi divertido e cheo de intriga.
Velaqui unhas imaxes.


Séguenos