Música miúda na Biblioteca de Cela. Bueu
Música Miúda veu divertirnos a biblioteca de Cela en Bueu, e aproveitando o bo tempo desenvolvemos o contacontos á entrada da biblioteca onde pasamos unha tarde moi divertida dándolle a volta aos contos tradicionais, cantando, bailando e ata ouveando como o lobo feroz.








pal de Cela os cativos e maiores pasaron unha tarde irrepetible da man da música que Jara Ortiz lle puxo a varios dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro. Tarde inesquecible que pecha a actividade XUÑO DE CONTOS que percorreu a Rede de Bibliotecas de Bueu. Xa nos tardan as próximas actividades que da man do programa de
LER CONTA MOITO se van poder gozar nas nosas Bibliotecas .
“ABRIL DE CONTOS”, o martes 16 de abril iniciamos na Biblioteca de Cela o programa “Ler conta moito” e fixémolo cun contacontos moi especial no que Anxo Moure deleitou á cativada con historias arredor dos bosques, da natureza e das bibliotecas.


Séguenos