Contacontos con Anxo Moure na Biblioteca de Cela “ZAPATIÑOS DE CARTÓN E A CARTA DOS BOSQUES”
Dentro da actividade “ABRIL DE CONTOS”, o martes 16 de abril iniciamos na Biblioteca de Cela o programa “Ler conta moito” e fixémolo cun contacontos moi especial no que Anxo Moure deleitou á cativada con historias arredor dos bosques, da natureza e das bibliotecas.
Combinando a tradición co poder evocador da palabra, Moure tamén cantou pezas inspiradas en poemas de Rosaría de Castro ou Eduardo Pondal, entre outros moitos.
Séguenos