Música, conto e canto con “Chuches Amil”
Espectáculo alegre con móita música e ritmo acaí
do para nenos e nenas de tres a seis anos
Espectáculo alegre con móita música e ritmo acaí
do para nenos e nenas de tres a seis anos
Dende a Biblioteca fomos a ludoteca donde se desenvolveu a actividade. É un conto moi ben teatralizado que fala da historia dun galo, gran cantor, que é observado todolos
días, atentamente, polo seu fillo e polo resto dos animais da granxa. Cando o canto do galo se ve mermado pola idade, xubílano e enton pídenlle ao seu fillo que sexa quen o sustitúa. O galo novo fai grandes esforzos por arremedar ao seu proxenitor pero todo é inútil. Mesmo era obxecto de chacotas por parte dos outros animais da granxa. Unha noite, entrou no galiñeiro un golpe coa intención de matar a todas as galiñas e, logo, comelas. O galete preso do arrepío botou, daquela, un cante mellor incluso co do seu xubilado pai. As galiñas espertaron, os cans, as vacas e tamén a dona da granxa. O raposo tivo que fuxir e, dende a quela, o galete, o mesmo ca seu pai, foi o o encargado de aledar co seo cante a alborada na granxa e da aldea.
A teatralizadora do conto quítalle ensinaza e explícalle aos nenos como hai que ser calmos no devir dos acontecementos que, un día, a de chegar a vez que nos toca.

Este xoves día 21 o nenos do campus Alex Bergantiños, aprenderon unha técnica para facer cestos con papel reciclado, da man de Electra, Pedras de papel, Artesania e Patrimonio.
Un fantástico obradoiro para tomar conciencia do valor da reciclaxe , ademais de aprender a importancia dos oficios tradicionais. Os nenos sairon encantados cos seus cestos, algun con idea de regalarllo as súa avoa.
Actividade na que a través de xogos os/as participantes coñecen algo máis sobre a orixe e significación do día das Letras Galegas, así como aos seus autores e autoras homenaxeadas ata o momento, en especial a Florencia Delgado. 

Divertida historia chea de humor na que un neno chamado Max crea na sua habitación un mundo imaxinario onde é libre ata para ser monstro ( o máis monstro de todos).
Na súa aventura desafía os seus propios medos, frustacións, rabia e incomprensión, e ata o rexeitamento.
O final, bota de menos a súa nai polo que volve a casa e comprende que sempre hai que respetar os demáis.
Moi recomendable
Tarabelos ensinou lendas galegas as nenas e nenos de Ponteareas. Con unha mistura de debuxos, lectura e narración oral, os 22 asistentes a este contacontos puideron descubrir, debuxar e aprender moitas lendas de Galicia. O público infantil o pasou moi ben, tanto é asi que casi ningún cativo/a foi o baño durante o tempo que durou este contacontos. Os comentarios e a enquisa que se fixo despois desta actividade, nos indica que a maioría destes nenos/as volverían a asistir, e os indices de satisfacción foron moi altos. O tema das lendas galegas gustou moito e ademais axuda a coñecer Galicia dunha maneira lúdica e didáctica o cal e interesante as estas idades.
Os nenos e nenas que asistiron, na biblioteca de Vilagarcía de Arousa o pasado 14 de xullo, ao espectáculo de animación á lectura “O libro vivo”, disfrutaron moito participando activamente xunto cos artistas.

Musicreques, contacontos musicais trouxeron o pasado día 20 o seu espectáculo a biblioteca de Vilasantar, onde os nenos pasaron unha mañan moi divertida.
O pasado venres, día 15 de xullo, recibimos en Vilar de Santos a visita de Xarope Tulú con “Corochas”.
Foi unha xornada na que tanto os nen@s como as súas familias desfrutamos moito, xogando, viaxando a través de diversas paisaxes, e coñecendo a personaxes estrafalarias que resolveron distintos enredos.
Unha actividade sen dúbida moi amena e moi recomendable!


.


A biblioteca municipal de Riós contou cunha actividade moi innovadora: maxia e lectura, nun día moi soleado na praza do concello.


Séguenos