23/08/2024

Nesta ocasión, tivemos na biblioteca municipal un espectáculo infantil único e diferenciador, xa que se trataba dunha posta en escea innovadora mediante a utilización de elementos representativos da cultura xaponesa, como son o uso dos tradicionais teatros kamishibai e o emakimono xaponeses e incluso bervas tradicionais da cultura como o mukashi-mukashi (Era unha vez…). Para a utilización destes elementos, o ilustrador e actor que nos veu visitar adaptou obras de autores de Cataluña e Estados Unidos, como a Hada Menta ( adaptada a fadamenta) para poder exemplificar mediante debuxos e ilustracións contos sobre a igualdade, a importancia do pensamento crítico, de non ser influenciado pola presión grupal nas escolas así como da importancia do respeito, o control emocional e o traballo en equipa. Os nenos aprenderon a identificar os comportamentos con sesgo de xénero, comportamentos abusivos, e a ter ferramentas para enfrontalos no día a día. Nesta actividade participaron un total de 20 nenos de entre 3 e 11 anos de idade e tres adultos.
Séguenos