“Contos de aquí para ti” , un espectáculo de narración oral e monicreques para dar a benvida ao verán en Brión




A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolleu a función: “Onde viven os monstros”, un espectáculo de títeres cheo de personaxes monstrosos pero capaces de namorar ao público asistente.
Carmen Domech, condutora da función, soubo transmitir a emoción, a fantasía e o gozo das historias que formaban parte deste contacontos.
Con esta actividade festexamos o Día das Bibliotecas, que pudemos levar a cabo grazas ao programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
O venres 1 de setembro, visitounos Carmen Domech para presentarnos os espectáculo “Onde viven os monstros”. Baseado na obra de Sendak, Carmen fixo un repaso a obras con monstros como protagonistas, mesturando narración oral con títeres. Así, ademais do conto que da título a este espectáculo, aprendimos qué monstros hai dentro dos alimentos ou como coñecer os sentimentos e emocións coa axuda do monstro de cores

Com preludio do Día das Bibbliotecas, visitounos Carmen Domech. E através dunha carteira moi especial, contounos xuntos os seus monicreques contos para reflexioanr sobre a iguladade. Para divertirse e pensar

Carmen Domech trouxo á nosa biblioteca unha chea de contos pero tamén amosounos algúns libros ben raros: libros que botan lume, libros que se lles caen as letras, libros que botan auga… Todo un mundo de contos e libros para pasalo en grande na biblioteca.

Recibimos na nosa biblioteca a Carmen Domech que achegounos os seu espacáculo “Contos para pasalo de medo”. E abofé que o título coincidiu co que vivimos grandes e pequenos nesta combinación de contos e títeres.

Día 13 de setembro de 2019 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Temos a segunda actividade do ciclo de actividades sobre igualdade na biblioteca con…
da man de Carmen Domech que como non puido vir, nos enviou a Jorge Rey
o 13 de setembro, ás 12:00 na sala infantil
Visitounos o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e de 1ª de Primaria do CEIP de Escairón.
O carteiro chegou con cartas para un montón de personaxes e autores e tamén para 3 visitantes da nosa biblioteca!
Cada unha das cartas levábanos a coñecer un conto:
-Rosa Caramelo

-Arturo e Clementina
-Gústame Martín
Pasámolo xenial e descobrimos distintas formas de escritura!
Tivemos o pracer de acoller nunha Mediateca chea de maiores e pequenos a Carmen Domech, que veu acompañada dos seus contos dos que se pode agardar calquera cousa: contos que escupen auga ou lume, contos que falan, contos que perderon ás letras… pero sobretodo desfrutaron do pracer de escoitar e viaxar da man das historias que habitan nos contos.

O pasado sábado 18 de abril, Carmen Domech achegouse á nosa biblioteca co seu contacontos de libros contentos para alegrar a nosa Choiva de Contos.

Coa súa maleta chea de libros, cada un deles foi contándonos a súa historia, todas elas moi divertidas.
Máis información sobre este evento neste enlace.
O pasado 3 de maio, a Biblioteca Ánxel Casal trasladou a súa Choiva de Contos ao recinto da Feira do Libro de Santiago de Compostela, invitando a Carmen Domech a facer o seu contacontos, PASTOREANDO ALEGRÍAS.

Carmen contou catro historias. Na primeira, unha lebre, unha cabra e outros animais eran os protagonistas dunha nova versión do Coellinho branco.
Na segunda, a contadora foi describindo a través dun gran libro de trapo as diferentes ubicacións do pelo no corpo humano. As rimas e as divertidas ilustracións fixeron que o público morrera da risa.

Na terceira historia, a contacontos levaba un Libro-rolo de tea, e mentres ía contando, ía tirando do rolo onde diferentes esceas ilustradas mostraban o conto.
E na cuarta historia, valeuse dun panel vertical, tamén de tea, onde aparecían os distintos animais do conto popular “Unha vella tiña un can”.
As nenas e nenos estiveron moi atentos e pediron moitos máis contos. Para ver esta actividade no Facebook da biblioteca preme aquí.


Séguenos