“A ciencia de Harry Potter” maxia, ciencia e fantasía na Biblioteca Xela Arias de Chapela
Este xoves a Biblioteca Xela Arias de Chapela encheuse a partes iguais de entusiastas da ciencia e da experimentación e mais de aguerridos lectores, amantes da maxia e da fantasía e fans da saga Harry Potter.
O grupo Ceo Aberto non defraudou, e achegou abraiantes experimentos científicos a un público ilusionado e con gañas de participar.
A actividade colgou o cartel de “non hai entradas”.
VER + NO NOSO BLOG: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2019/10/ciencia-e-fantasia-para-cativar.html
Séguenos