Contamos en igualdade…na BPM do Saviñao
Día 27 de setembro de 2019 ás 18:00, na biblioteca de Escairón
Temos a cuarta actividade do ciclo de actividades sobre igualdade na biblioteca con…
Contamos en igualdade
da man de Eduvía
o 27 de setembro, ás 18:00 na sala infantil
Chegados á biblioteca, e feitas as pertinentes presentacións sobor do ciclo Biblioteca en Igualdade na que enmarcamos esta actividade, Patricia pasou a contarnos varias historias.
Escoitamos con atención e rimos moitas veces co que lle acontecía á pobre protagonista. Descubrimos que se algo non nos gusta e é inxusto, podemos facer cousas para cambiar o mundo: a protagonista non podía xogar na casa da árbore do seu irmán porque non a deixaban entrar por ser unha nena, así que seguiu o consello da súa nai e fixo a súa propia casiña para xogar coas amigas e cando os nenos quixeron entrar e xogar con elas pensaron en non os deixar entrar, pero como lles parecía inxusto ó final deixáronos xogar con elas porque cantos máis foran, mellor o podían pasar.
Colocamos as cadeiras facendo un tren, e sentamos no chan para seguir pensando na igualdade.
Séguenos