Historias de Kamishibai na Casa da Cultura Manuel Lourenzo do Valadouro
Juste Kamishibai, Papel e Teatro veu a contarnos historias divertidas e interesantes con personaxes exóticas: Un fotógrafo, un mono ladrón de cámaras e unha señorita misteriosa…todo esto na caixa chinesa de papel e os seu despregables.No Kamishibai, teatro de papel en xaponés, os nenos fixeron ambientación do conto, poñían voces e facían o efecto do vento e do mar para narrar a aventura da pequena balea Nesi que se convertiu en nena e foi axudada por un simpático neno nunha fabulosa aventura.
Despois viñeron os emakis, vellos pergaminos que se proxecta cunha luz posterior e que nos contaron unha divertida historia de bichos de variadas cores
Moitas historias de Kamishibai que Juste relatou a través de fascinantes personaxes que quedaron moi vivos na imaxinación dos nenos e nenas do Valadouro.
Séguenos