13/06/2013
Día 26 de abril de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para rematar as celebracións do Mes dos Libros (co Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro), recibimos a visita gran artista internacional Lilí Gruyére, da familia dos Ratos de Lonxedetodo (Trinketrinke) dentro do programa Ler conta moito, que nos deleitou con cancións, baile, contos e interpretación. 
Pero iso non foi todo: para rematar presentounos a casa dos ratos, onde poderemos atopar tódolos contos que nos recomendan os ratiños da nosa biblioteca: Leo, Savinia, Tareixa e Rodolfo, que xa son moi coñecidos polos visitantes da biblioteca.
E como o mellor é dar exemplo, Lilí púxose a remexer entre os contos e por aclamación popular leunos un par deles. A verdade é que estes ratos teñen moi bo gusto lector!

Todo un éxito!
Séguenos