“MeRe-cidamente” con Moc Moc MeRe Clown na Biblioteca Pública Municipal José Saramago do CSC de Fontiñas

Mere-cidamente
O xoves 11 de xullo ás 11.30 da mañá visitounos David Merelas Figueroa que desenvolveu un espectáculo de circo, malabares e humor no Parque do Cotaredo, xa que non puidemos resistirnos ao bo tempo. David procurou acadar a complicidade do público asistente gastando bromas e buscando a súa colaboración durante o desenvolvemento da súa actuación. Converterse en axudantes deste pallaso tan falcatrueiro entusiasmou aos cativxs. Foi unha xornada moi divertida e amena.






Séguenos