Actividades nos centros CEIP Illa Verde e CPR María Auxiliadora

Os alumnos do  CEIP Illa Verde e CPR María Auxiliadora, recibirán o 5 de abril ás 9,00 h. nas instalacións do CPR María Auxiliadora a Enrique González, arqueólogo do concello de Lugo, que lles contará como ao longo dos últimos trinta anos foi descubríndose a través da arqueoloxía a cidade de Lucus Augusti.

O día 7 de abril ás 9,15, nas instalacións do CEIP Illa Verde, poderán coñecer da man de Ignacio López de Rego, redactor do Plan Director da Muralla de Lugo, os criterios de restauración e as recomendacións internacionais sobre conservación de monumentos e como se aplican na Muralla.

Esperamos que estas dúas charlas vos resulten interesantes e que aprendades cousas novas con estes dous profesionais da arqueoloxía e da arquitectura, que traballan en prol da conservación e do coñecemento do Lugo Romano.

Invitámosvos a que subades a este blog fotografías das charlas. Grazas!!!