Presentación do Plan de Abastecemento no Concello de San Xoán de Río

O 2 de novembro de 2021 realizouse a presentación de inicio no Concello de San Xoán de Río co motivo de recompilar información, contrastar e complementar a información existente cos usuarios e identificar problemáticas.

O evento no Concello de San Xoán de Río tivo unha asistencia total de 30 persoas que representaban a un total de 22 traídas.

Entre os asistentes a nivel institucional atopábanse:

  • D. Xosé Miguel Pérez Blecua, Alcalde.
  • D. Gonzalo Mosqueira, Xerente de Augas de Galicia.
  • Rubén Calvarro Rivadulla, Técnico de Augas de Galicia.

Recóllense algunhas problemáticas expostas por eles:

  • Os veciños de maneira xeral solicitan que a xestión non sexa municipal e que non impliquen un canon.
  • Diversos usuarios das traídas coinciden na problemática do forte incremento de poboación no verán.
  • Outros usuarios indican que durante gran parte do ano non hai representación, nin usuarios que se encarguen do mantemento.