Concellos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade lanzou o 21 de abril de 2021 a convocatoria para que todos os concellos de Galicia puideran manifestar o seu interese en desenvolver no seu municipio un plan de abastecemento autónomo. Os concellos interesados contaron co prazo dun mes para presentar a convocatoria de interese dos concellos e dos propios usuarios no desenvolvemento de plans municipais de abastecemento autónomo no seu ámbito territorial.

Entre as expresións de interese recibidas para participar nesta iniciativa, Augas de Galicia analizou as propostas e seleccionou os concellos máis axeitados e comprometidos para o desenvolvemento dos plans. Estes concellos foron: Baleira, Cerdedo-Cotobade, Mondariz, Oia, Oímbra e San Xoán de Río.