Xornadas técnicas con usuarios de traídas de Mondariz

Técnicos responsables da redacción dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo de Galicia desprazáronse ata Mondariz o 26 de outubro para manter a primeira xornada de reunións informativas con usuarios das traídas de abastecemento deste municipio.

Os encontros estruturáronse da seguinte maneira:

  • Presentación inicial a todos os asistentes do resumo de traballos de documentación e análise realizados nas traídas de autoabastecemento de Mondariz.
  • Reunións personalizadas cos propietarios e usuarios de cada traída. Nas 15 reunións realizadas entregáronse os informes que recollen propostas de mellora de cada traída e se explicou de maneira pormenorizada a problemática observada en cada unha, os resultados das analíticas das augas e as propostas de solución previstas, adxuntando os planos e orzamentos correspondentes. Escoitáronse as aportacións e impresións dos usuarios, que se recollerán nun informe refundido.

Nestes encontros houbo un alto grao de participación e implicación, con representantes de 15 das 16 traídas convocadas. O número total de asistentes ascendeu a 21.