Boas prácticas contra a seca nas redes de autoabastecemento

Usuarios e xestores das traídas de abastecemento autónomo poden diminuír os efectos da seca nas súas redes cunha serie de recomendacións sinxelas:

> Mantemento de vexetación frondosa nas inmediacións, que favorece a humidade da contorna.

> Protección e aillamento das tubaxes e elementos auxiliares, que evita fugas de auga por dilatacións provocadas pola calor.

> Uso de enerxía solar para bombeos en pozos, que evita o sobrecoste eléctrico da enerxía tradicional.