Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses.
Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é case unha obrigación. A única parte negativa é que ao ser tan popular, hai moita xente tentando ser visible, pero se seguimos uns pequenos consellos podemos facer que a nosa marca, ou nós mesmos, sexa máis relevante e máis seguida na rede social:
Ten claros os teus contidos
Cando temos un usuario de Instagram temos que ter claro que tipo e contido imos publicar. Se nos queremos centrar na moda, os nosos contidos non deberían saír, salvo raras excepcións, de aí. Da mesma maneira, se queremos vender un produto, o protagonista debería ser el sempre que podamos.
Coñece ao teu público obxectivo
Quen vai ver as túas publicacións? Hai que saber quen queremos que nos vexan e desta maneira, definir como nos imos a dirixir a eles. Imos dirixirnos a eles directamente? Os textos estarán nun vocabulario serio ou coloquial? Crear unha comunidade ao redor do noso usuario é importante, polo que debemos definir de maneira moi clara como nos imos a presentar nesa comunidade.
Saca partido das stories
As xa non tan novas stories de Instagram son un contido que se consome moito e no que temos que estar. Son moi útiles para ensinar produtos, comentar eventos ou, simplemente, explicar algo sobre nós ou a marca. Organizar estas stories nos destacados de maneira correcta é case obrigado, xa que nos permite organizar o contido para que os futuros visitantes do noso perfil póidanse poñer ao día rápido.