Na súa misión por facilitar as xestións e simplificalas ao máximo, a Xunta de Galicia poñerá en marcha no primeiro trimestre do 2018 unha nova sede electrónica, destinada a mellorar os servizos aos cidadáns.
Esta nova sede é un dos obxectivos do Plan de Goberno e Administración Dixital 2020, que busca consolidar o proceso de transformación da Administración.
A nova sede electrónica estará centrada en ofrecer un mellor servizo aos cidadáns, terá un deseño adaptado a dispositivos móbiles e posuirá servizos de personalización para crear perfís persoais, segundo sexa un cidadán ou unha empresa o que necesita utilizar a nova sede electrónica.
Actualmente a sede electrónica ten dispoñibles online preto do 95% dos trámites que cidadáns e empresas poden realizar coa Administración. En 2017 os galegos realizarón máis de 280 xestións online coa Xunta a través da sede electrónica.
Ademais da nova sede electrónica, unha das medidas máis inmediatas para avanzar cara a administración integramente dixital é o inicio da reformulación das oficinas de rexistro como oficinas de atención, para facilitar aos cidadáns e empresas unha mellor relación coa administración a través dos medios dixitais.