Archivos de: Blog
servizosnovosCDTIC

Máis servizos para o CDTIC

,

A Amtega vén de ampliar a lista de servizos que ofrece no CDTIC a pemes e autónomos. Dende xa podedes beneficiarvos das consultas TIC, do servizo CDTIC virtual e do servizo de streaming. En que consisten? O servizo de consultas TIC ten como obxectivo resolver dúbidas sobre solucións tecnolóxicas dispoñibles para profesionais autónomos e pemes. Só […]

Red.es

Red.es no 2015

,

Non é a primeira vez que vos falamos de Red.es, entidade pública que traballa para a implementación das TIC na sociedade española creando programas de formación e asesoría para pemes e emprendedores. Comezabamos a semana falándovos das axudas de mentoring en comercio electrónico pero, sabedes que plans teñen para o 2015? No 2015 Red.es contará […]

Facebook_Ads

Guía práctica | 5 consellos para promocionar a vosa empresa en Facebook

, ,

Entre as guías prácticas de Xente Dixital podedes atopar como crear unha páxina en Facebook para a vosa empresa. Hoxe dámosvos algúns consellos que vos poden axudar na xestión diaria da vosa páxina de Facebook. Se se nos esquece algún importante ou tendes algunha dúbida, non dubidedes en facer un comentario. Contidos: que e como […]

O futuro do comercio electrónico pasa polo recoñecemento facial

, ,

O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, vén de presentar un proxecto desenvolvido entre investigadores do centro e profesionais de tres pemes tecnolóxicas galegas (Elogia, Optare e Softgasa), cofinanciado pola Xunta de Galicia, para mellorar na prestación de servizos de comercio electrónico con ferramentas como o recoñecemento facial ou con estudos de comportamento dos […]

samsung galaxy gear

O boom da internet das cousas

,

En Xente Dixital xa apuntamos nalgúns posts que o futuro das novas tecnoloxías está na “internet das cousas”. Un estudo a nivel mundial publicado recentemente pola consultora Accenture demostra que esta tecnoloxía afecta xa ao noso día a día e que vai a transformar as nosas pautas de consumo moi pronto. O 69% dos consumidores […]

CDTIC_mentoringecommerce

Axudas de mentoring en comercio electrónico: que se pode facer? Como se pode financiar?

,

Este mércores, no Centro Demostrador TIC, terá lugar a actividade “Trámites para a presentación das axudas de mentoring en comercio electrónico”, dirixida a pemes, traballadores autónomos de todos os sectores, asociacións e clústers empresariais. Non é a primeira vez que vos falamos de Red.es; entidade pública que traballa para o aproveitamento do potencial de internet […]

minube_empresas

Guía práctica | minube para empresas

, ,

Se a semana pasada ensinabámosvos por que e como dar de alta a vosa empresa en Tripadvisor, hoxe facemos o mesmo con outra das redes sociais de viaxes de referencia: minube. Sen intermediarios Axúdalle ao teu cliente a atoparte en minube. Podes xerar ventas directas para o teu negocio creando contido de calidade. Ademais terás […]

puntogal_pioneiros

.gal en agosto de 2014

,

A finais de xullo presentábanse os 93 seleccionados no Programa Pioneiros, que empregan o dominio .gal dende o pasado 25 de xullo. A Asociación PuntoGal seleccionou aos 93 pioneiros segundo criterios de representatividade na sociedade, en función da contribución ofrecida ao lanzamento do .gal e garantindo que todos os sectores sociais estean representados. Seleccionáronse 35 […]

A aplicación do mes: Parques Naturais de Galicia

,

Que mellor maneira de completar o verán que visitando algún dos parques naturais que temos en Galicia? Na Google Play ou na Apple Store podedes descargar a aplicación da Xunta Parques Naturais de Galicia. É unha guía creada pola Xunta de Galicia sobre o Parque Nacional e os 6 parques naturais existentes na Comunidade. A guía enumera […]

Tripadvisor

Guía práctica | Tripadvisor para empresas

, ,

En Xente Dixital xa publicamos unha guía práctica de Tripadvisor, para que puidésedes tirar proveito desta rede social para planificar as vosas vacacións. Pero Tripadvisor é interesante, ademais, para as empresas que pertencen ao sector turístico. Por que e como darse de alta en Tripadvisor? Por que anunciar o voso negocio en Tripadvisor? Millóns de […]