Robobo e Insulclock, así son os gañadores do I Programa Connecting for Good Galicia

Esta semana seleccionáronse os dous proxectos gañadores da primeira edición “Vodafone Connecting For Good Galicia”, o programa impulsado pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia a través da Axencia de Modernización de Galicia (Amtega), a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Este programa ten como obxectivo impulsar proxectos de emprendedores galegos que que contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías

Para esta edición, seleccionáronse 6 iniciativas empresariais que chegaron á final e nesta primeira edición escolléronse dúas solucións para levar senllos premios: Robobo e Insulclock.

Robobo recicibiu unha axuda de 25.000€, concedida polaAxencia Galega de Innovación (GAIN), para levar a cabo o seu proxecto: un novo concepto de robot educativo que a través do Smartphone é capaz de recoñecer obxectos, sons ou caras. Grazas a isto, Robobo pretende ser unha ferramenta de aprendizaxe tecnolóxica que sirva ao estudante como un plus á hora de motivarse e aprender.

Doutra banda, o proxecto Insulclock gañou o  Premio Conectados pola Accesibilidade , concedido pola Fundación Vodafone o, que consiste nun financiamento de 10.000€ por ser o proxecto que mellor incorporou os Principios de Accesibilidade Universal. Insulclock é un dispositivo electrónico que se axusta á pluma de insulina e permite controlar toda a información relativa a ela, podendo desta maneira monitorar a diabetes dunha forma moito máis exhaustiva.

Os outros catro proxectos escollidos para a final levaron un patrocinio de 2.000€ cada un cun programa de formación e mentoring contribuído pola Amtega.

Ademais dos escollidos, o anuncio serviu tamén para anunciar a nova convocatoria para os II Premios Connecting for Good Galicia. Pódense presentar candidaturas ata o 2 de xullo a través da páxina web da Fundación Vodafone. Tes máis información sobre a convocatoria e os posibles premios na súa páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.