Despois de darvos 10 consellos para aumentar o número de seguidores en Facebook contámosvos que tácticas podedes empregar para que aumente a comunidade da vosa marca en Twitter.
- Crear contido de valor. Ligazóns ao blog corporativo, publicar fotos e vídeos propios de calidade, etc. Canto máis contido propio e orixinal creemos, mellores resultados imos obter.
- Ser constantes. Como na páxina de Facebook, é mellor facer poucas actualizacións pero ser constante, que facer 10 publicacións un día e abandonar a páxina durante dúas semanas. Temos que transmitir profesionalidade: actualizar todos os días (ou de luns a venres, por exemplo), publicar contido propio e relacionado, responder as mencións e as mensaxes, etc.
- Regla 1-10. Refírese á obriga de publicar, sobre todo, contido non comercial. Coma sempre dependerá do sector, do tipo de empresa, dos produtos e servizos que venda, etc. Por exemplo: unha pastelería publicará, sobre todo, fotos e vídeos dos seus produtos; unha axencia de marketing debería escribir, por exemplo, sobre tendencias, novidades do sector, etc.
- Interactuar con seguidores e influencers. Estamos en Twitter para contar pero tamén para escoitar e conversar. Debemos responder dúbidas, participar nun debate sobre a actualidade do sector ou opinar se se está a celebrar algún evento que nos afecte dalgún xeito.
- Twitter como canle de atención ao cliente. Gañaremos seguidores e prestixio na rede se os nosos seguidores saben que lles imos responder (rápido) cando nos pregunten algo en Twitter.
- Conexión co mundo real. Twitter é a mellor rede social para a promoción e o seguemento de eventos. A través desta rede social podemos seguir e participar de eventos do sector ou difundir eventos creados por nós.
- Concursos. En Facebook falabámosvos de Easypromos para facer concursos na páxina. Onekontest pode ser unha alternativa para facer un concurso de hashtags, de fotos, de vídeos, etc., en Twitter.
- Anuncios. Se o orzamento o permite os anuncios son unha boa maneira de que a comunidade medre rapidamente ou de promocionar un produto, evento (un tuit) en concreto. Iso si, o investimento é sensiblemente superior ao que temos que facer en Facebook.
- Promoción de Twitter na web e nas demais páxinas de redes sociais. Na web (instalando un plugin que permita ver a actividade en Twitter) e a través doutras redes sociais (Facebook, Google+, etc.) podemos promocionar a páxina de Twitter. Podemos chamar a atención sobre o Twitter da empresa promocionando, por exemplo, un concurso no que só se pode participar nesa rede social.
- Promover a páxina no mundo real. Na tenda física, nos paquetes de produtos, nas tarxetas de visita… Como se vos ocorre que podemos promocionar a páxina de Twitter no mundo real?



Muy buen artículo, yo recomendaría también la utilización de una herramienta en línea que nos permite a través de las cuentas relacionadas con la temática de nuestro interés seguir a sus seguidores y así conseguir seguidores segmentados por intereses afines. La herramienta es tweepi, y aunque está en inglés, se configura fácilmente y ofrece muchas funcionalidades para conseguir seguidores cualificados para nuestro proyecto.
Un saludo,
Oscar
No se si lo sabíais, pero Google y Twitter han anunciado una alianza, por la cual los dispositivos móviles registrarán en sus búsquedas mensajes de la red social. Así que a twittear!!
Fuente: http://www.20minutos.es/noticia/2465814/0/google-twitter/tuits/busqueda-moviles/#xtor=AD-15&xts=467263
¡Gracias por la aportación! 🙂