“Magín Blanco” en Covelo
Onte, nos alrededores da biblioteca, estivemos disfrutando do espectáculo ” O que levamos nas maletas” de Magín Blanco, no que interpreta cancións con temas propios para todas as nenas e nenos.
Onte, nos alrededores da biblioteca, estivemos disfrutando do espectáculo ” O que levamos nas maletas” de Magín Blanco, no que interpreta cancións con temas propios para todas as nenas e nenos.
O venres 9 estivo en Covelo a compañía Animar-T, co seu espectáculo “Onde está o vento”. Contacontos musical para os máis cativos, con monicreques e cancións populares.
O pasado venres día 4 estivo na biblioteca Marisa Irimia e a pirata Escarlata, que fixeron pasar unha mañá moi agradable os nenos e nenas da escola infantil de Covelo.
O mércores 2 dentro do programa de Ler Conta Moito en Igualdade, visitou a biblioteca o ilustrador Xosé Tomás, explicándolles os rapaces de 5º e 6º do colexio de Covelo as diferentes técnicas para a realización das viñetas e debuxos dos libros e contos. Actividade moi interesante e participativa para todos os nenos e nenas.
O martes 24 visitounos a biblioteca de Covelo Raquel Queizás, acompañada de Queliña unha aventureira aviadora que lle gusta contar historias. Os nenos de primaria do colexio disfrutaron das aventuras e contos relatados por Queliña para demostrar que as nenas e nenos SOMOS IGUAIS de valentes e igual de sensibles.
O venres 20 de setembro visitou a biblioteca Alba Bermúdez. Cos seus contos os nenos descubriron como a lectura pode abrir apetito e sobre todo que cousas convén comer para saciar ese apetito.
Séguenos