Unha maxia diferente
Xogos de maxia cos que se puxeron de manifesto as diferenzas das persoas dende un punto de vista divertido e ilusionante
.
Xogos de maxia cos que se puxeron de manifesto as diferenzas das persoas dende un punto de vista divertido e ilusionante
.
De novo volve a ilusión da maxia ao no noso Concello, os máis cativos desfrutaron dunha tarde máxica.
Aventuras, fantasía e contos sorprendentes que fomentaron a curiosidade e imaxinación dos máis cativos.
Na tarde de onte, 20 de outubro, Cris de Caldas achegouse ás Neves e contounos os contos da ‘bibliotecaria estrafalaria’, cos que gozamos incluso interpretando os sons dos animais!
O pasado mércores 12 de outubro, o contacontos Caxoto achegou as mensaxes sobre o coidado do medio e a reciclaxe a máis de 30 nenas e nenos que gozaron dunha actividade lúdica e educativa.
A actividade xerou tanto interese que mesmo algunhas persoas adultas tamén se animaron a quedar escoitando.
Esta tarde, Damián Alonso véu á Casa da Xuventude das Neves e ensinounos os primeiros pasos para facer un podcast.
Foi fantástico poder aprender dun profesional coma el!
Na biblioteca das Neves festexamos o día das Letras Galegas con Electra unha gran profesional que facilitou o proceso de creación das participantes neste obradoiro de cestería en papel.
Quen fai un cesto, fai un cento é un obradoiro no que as participantes aprenderon a técnica do trenzado, con papeis reciclados, para facer cestos.
Onte, sábado 23 de outubro ás 12:00 h, a compañía ‘A Xanela do Maxín, ofreceu o espectáculo de monicreques ‘U-la Lúa?’ nas Neves.
Interpretado fantasticamente por Celtia, que enganchou moi ben cos nenos e nenas que gozaron dunha obra marabillosa nunha mañá solleira de outubro.
Unha lindura!
A tarde do pasado sábado 18 de setembro estiveron as Aldaolado nas Neves ofrecendo un obradoiro de poesía.
Fixeron un recital e a continuación desenvolveuse un obradoiro de colaxe e poesía do máis interesante para o público mozo que se mostrou moi entusismado e participativo.
Un pracer!
O pasado martes, 12 de outubro, nenas e nenos que se achegaron á Festa do Tinto Rías baixas nas Neves, gozaron dun fantástico espectáculo de paco Nogueiras.
Foi unha delicia!
Séguenos