Hoxe vimos do CEIP Emilio González López de Cambre para falarvos do cancioneiro popular galego, traémosvos tamén unha baralla de animais para xogar e propostas musicais. Esperamos que vos guste! E lembrade que hoxe nos encontramos con Esther Estévez! FALAMOS Ola rapaces e rapazas, como ides co galego? Que vos pareceu o vídeo do noso ...
A rapazada do CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha está preocupada polos recursos do noso planeta, por iso queremos poñer o noso graíño de area e axudar a concienciar outros nenos e nenas para un consumo responsable: somos o futuro e cómpre tomar acción!!! Neste vídeo reflectiremos situacións do día a día e daremos ...
Bo día a todas/os! Somos o CEIP Plurilingüe do Carballal de Marín, unha vila costeira de Pontevedra. Hoxe traémosvos un vídeo que fixeron os maiores do noso colexio, onde explican o significado dunha canción que foi elaborada hai uns anos por outro alumado do noso centro. Este videoclip aborda as expresións típicas da nosa vila. ...
O centro O alumnado do CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas protagoniza hoxe os 21 días co galego e + para nos falar de produción e consumo responsable: Desde Castro Caldelas amósannos unha historia do consumo local e dannos receitas para un consumo responsable. Como imaxinas ti o consumo no futuro? O consumo e ...
O INSTITUTO Comezamos a terceira semana deste programa co vídeo que fixeron no CPR Maristas A Inmaculada de Lugo; nel amósannos os diferentes proxectos cos que neste centro traballan diversas formas de solidariedade. Neste 8 de marzo, Día da Muller, recollemos no blog dos 21 Días co Galego e + algúns dos traballos elaborados nos centros participantes co gallo ...
O INSTITUTO Desde o IES As Mariñas de Betanzos lémbranche personaxes extraordinarios da cultura literaria. Onte amosámosche algunhas rutas literarias virtuais; se queres coñecer máis espazos e percorridos literarios, podes visitar a sección O territorio do/a escritor/a na web da AELG. FALAMOS Hoxe é domingo; cóntanos. Ti es das persoas que gustan dos domingos ou das que os odian porque a seguir vén o luns? Que teñen de diferente os ...
O INSTITUTO Hoxe voute levar de viaxe á Biblioteca Méndez Ferrín, a xoia do IES Santa Irene de Vigo. Esta biblioteca débelle o nome ao escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, un dos grandes autores vivos das nosas letras. E xa que imos de bibliotecas, agora propóñoche acompañarnos a coñecer os fondos da cabeceira do sistema de bibliotecas galegas ...
O INSTITUTO Hoxe chégalle a quenda ao IES As Mariñas de Betanzos. O seu alumnado vénnos falar de poderes, si, si, liches ben, dos “nosos” poderes. Non me digas que ti aínda non sabías que temos poderes? E logo non sabes da nosa lingua, do noso patrimonio e das nosas mulleres? Pois atende, atende. E agora que? Xa admites que temos poderes ou ...
O INSTITUTO Hoxe o protagonismo correspóndelle ao IES Perdouro de Burela, un centro educativo de longa traxectoria na súa aposta pola integración cultural. No seu vídeo vas ver alumnas e alumnos do centro, que, desde procedencias moi diversas, se achegan ao galego. Todos somos autóctonos de algures, todos nacemos no seo dunha cultura, e nestes tempos de ...
Nesta lista de reprodución recóllese a participación do CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña nos 21 Días co Galego e + 2020. A actividade no centro foi coordinada polos profesores Carlos Medrano e Pablo Quintá.