Benvidos ao blog de Augas de Galicia!

 

Pasade e poñédevos cómodos, esta é a vosa casa! Estamos moi felices de inaugurar este novo espazo de comunicación con todos os cidadáns. Con el damos un novo paso para estar máis preto de vós e compartir a importancia e o valor dos recursos hídricos.

Como non podía ser doutro xeito, aquí a protagonista é a auga! Se vos interesa todo o relacionado co mundo da auga, o coidado do medio ambiente, a sostibilidade e o aproveitamento dos recursos naturais, este é o voso sitio. Por que é tan importante a auga? Cal é o seu ciclo integral? Como podo aforrar auga no meu fogar? Estes son só algúns dos temas que iremos tratando ao longo das vindeiras semanas. Información útil para cidadáns comprometidos!

Máis preto de ti

Que é Augas de Galicia? Poida que moitos de vós só nos asociedes con obras de saneamento e depuración, pero somos moito máis ca iso! Con este blog tamén queremos aproveitar todas as posibilidades que nos ofrece a web 2.0 para que coñezades mellor a labor que realizamos como Administración Hidráulica de Galicia e como organismo de conca para a demarcación hidrolóxica GaliciaCosta.

Poderedes coñecer máis polo miúdo como se xestiona a auga na nosa comunidade: qué un Plan Hidrolóxico e como é o da nosa demarcación, con que recursos contamos, a importancia da restauración e conservación dos nosos ríos, que conceptos se cobran na factura da auga ou que trámites podedes realizar coa administración.

Síguenos en redes sociais!

Como vedes, temos unha morea de temas que tratar, todos ben interesantes, e non queremos que te perdas nada!  Aínda non nos sigues en Facebook e Twitter para estar ao día de todas as nosas novidades? O pasado 22 de marzo, coincidindo co Día Mundial da Auga, abrimos a nosas redes sociais. Faite fan e pasa a formar parte da comunidade galega da auga. Empezamos!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará