Usa a auga con cabeza!
Nun lugar onde contamos con máis dun centenar de palabras para denominar a choiva, parece paradóxico falar de seca pero iso non impide que poidan producirse periodos de escaseza de auga.
É certo que a precipitación media anual na Demarcación Galicia-Costa (1500 mm) é moi elevada se a comparamos co resto da península, pero iso non impide que se produzan con certa frecuencia períodos de escaseza de agua. De feito, a principios deste ano activamos a situación de Prealerta por Seca, o que implicou unha serie de medidas específicas para paliala. Queres saber máis?
Que é unha Prealerta por Seca
Os episodios de seca son froito da variabilidade das precipitacións de Galicia e da forte dependencia que hai entre a choiva e o caudal dos nosos ríos. Dito doutro xeito, se non chove, desequilíbrase o ciclo integral da auga.
Os meses de xaneiro a abril de 2017 caracterizáronse por ser máis secos do habitual, sen choivas significativas nin xeneralizadas. Isto levou a que o volume de auga encorada e o caudal circulante polos nosos ríos rexistrase cifras máis baixas que as esperadas para esa época do ano.
Cando se da esta situación activamos a chamada Prealerta Seca. Non significa que haxa un risco de desabastecemento para a poboación nin hai que alarmarse: é un protocolo de medidas para extremar o control e mellorar a eficiencia no uso da auga. Como se adoita dicir, máis vale previr que curar.
A folla de ruta
En Galicia contamos co Plan de Seca para cada unha das demarcacións hidrográficas nas que territorialmente está dividida a Comunidade Autónoma. Nas concas internas xestionadas por Augas de Galicia este é o Plan de aplicación. Estes plans son documentos que determinan as zonas de maior risco de inundación e recollen todas as medidas e accións que deben tomarse, dende a prevención, protección e preparación destas zonas ata as propias da emerxencia ou recuperación posterior. O seu obxectivo é garantir a dispoñibilidade de auga para a poboación e evitar/minimizar os efectos negativos da seca sobre a poboación, o estado ecolóxico das masas de auga, as actividades económicas, etc.
Non deixes correr a agua
Elefantes na torre de Hércules, guepardos na praias de Lugo, xirafas na praza do Obradoiro, rinocerontes na illa de San Simón… Ciencia ficción? Iso esperamos! Estas son algunas da imaxes da última campaña de Augas de Galicia para concienciar a poboación da importancia de usar a auga con cabeza, máxime nunha situación de prealerta.
Todos podemos aportar o noso gran de area no aforro de e agua e os pequenos actos no noso fogar suman grandes cambios. Xestos tan sinxelos como ducharse no canto de bañarse, tirar da cisterna só cando é preciso ou pechar a billa mentres te enxaboa aforra miles de litros ao ano.