Reservas Naturais Fluviais, fonte de biodiversidade

Na Demarcación Hidrolóxica Galicia-Costa contamos con 13 Reservas Naturais Fluviais, cunha lonxitude total de 118,01 km. Sabes o que son e por que é tan importante preservalas? Sigue lendo!

 

Enclaves de referencia natural

As Reservas Naturais Fluviais son ríos, ou tramos dos mesmos, que contan cunha elevada naturalidade e unha escasa ou nula intervención humana. Para manter intacta a súa biodiversidade biolóxica é preciso protexelas dun xeito especial para que non sufran alteracións.

Segundo establece a Lei estatal de Augas, os Plan Hidrolóxicos de cada Demarcación debe recoller cales son estas reservas. No caso de Galicia-Costa, a designación levouse a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia. Para decidir os tramos tívose en conta o bo estado ecolóxico da augas, a escasa influenza humana, a presenza de especies ameazadas e os hábitats de interese comunitario. Por iso, estes tramos considéranse como lugares de referencia, reflexo das condicións naturais dos ríos que permiten coñecer a súa dinámica natural.

 

Obxectivo: protexer os sus hábitats

Na rede de Reservas Naturais Fluviais atópanse hábitats naturais e da fauna e flora silvestres de elevado interese.

Por exemplo, bosques autóctonos de carballos Quercus pyrenaica e Quercus robur (reserva natural fluvial da Serra do Candán) ou zonas de ambiente húmido con chans de turba, importantes para a conservación da biodiversidade, como as breixeiras húmidas atlánticas de Erica Ciliaris (río Cobo e rego de Soutochao, no río Mera) e turbeiras de cobertor (partes altas dos ríos Ouro e Mera).

Nas Reservas Naturais Fluviais tamén atopamos especies catalogadas como vulnerables no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, como fentos (ríos Ouro, Mera, Cobo ou Sor), anfibios como a píntega rabilarga e a ra iberica, presentes nas reservas dos ríos Masma, Mera, Ouro e Parada de Valdohome; ou a toupa de río, presente nas reservas do Ulla-Deza e Parade de Valdohome.

 

Limitación de actividades autorizadas

Para preservar a súa riqueza natural e o bo estado ecolóxico das Reservas Naturais Fluviais, Augas de Galicia limita as actividades autorizadas nelas a través da normativa do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa 2015-2021.

Así, nestes tramos non se autorizan actividades que poidan afectar ás súas condicións naturais modificando o fluxo das augas ou a morfoloxía das canles. Tampouco poden concederse novas concesións e autorizacións de uso da auga, a excepción do uso de abastecemento en situacións debidamente xustificadas, e sempre que sexa compatible co moi bo estado ecolóxico do tramo. 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará