Protexendo a auga que nos coida

Moito cambiaron as nosas vidas en apenas nuns meses. Coa chegada do coronavirus ao noso país e o decretado estado de alarma, os nosos hábitos de vida mudaron radicalmente. Co  confinamento, pasamos máis tempo nos nosos fogares e o noso consumo de auga tamén o sentiu. A auga é un recurso indispensábel na nosa vida cotiá, pero estes días se faise aínda máis xa que é vital lavar as mans con xabón frecuentemente para previr o risco de contaxio e a propagación deste virus.

En Augas de Galicia, xunto coas empresas públicas e operadoras privadas do sector da auga na comunidade, velamos por garantir o acceso de auga potable a toda a cidadanía. É importante recoñecer o labor destas empresas que están a manter en condicións idóneas os complexos servizos de abastecemento, saneamento e depuración de augas a pesares das dificultades. Para isto, seguimos las medidas e protocolos necesarios para salvagardar o benestar de cada unha das nosas e nosos traballadores.

Bo exemplo disto son os plans de continxencia que se activaron, con gardas de persoal e remanente de reactivos suficiente para asegurar o funcionamento das estacións de tratamento de auga. Ademais do material do que dispoñen os traballadores para afrontar as xornadas de traballo dun xeito seguro.

O tratamento da auga non so é vital para as nosas vidas, xa que gran parte da auga depurada devólvese ao seu medio natural, os ríos e as rías. Así, coidamos dos nosos ecosistemas, das nosas paisaxes, en definitiva, desta terra que debemos protexer e respectar entre todos.

Ti tamén podes colaborar! Axúdasnos?

A adopción de boas prácticas nos nosos hábitos de consumo da auga contribúe a reducir a cantidade consumida e a contaminación deste recurso hídrico. Así conseguimos diminuír o consumo da auga e tamén a enerxía que se emprega nos procesos de tratamento da auga.

Na cociña, no momento de lavar a louza, é importante non verter residuos de comida polo desaugadoiro nin o aceite usado ou o das conservas polo vertedoiro, son moi contaminantes. O máis axeitado é tiralo ao contedor correspondente o achegalo ao punto limpo máis próximo. Ademais, existen xabóns y deterxentes biodegradábeis para coidar a calidade da auga. Debemos empregar a dose xusta, sen excesos.

No cuarto de baño, temos que ter moi presente que o retrete non é unha papeleira. Non debemos tirar polo desaugadoiro panos de papel, bastonciños, restos de comida, cigarros, cueiros, compresas e outros materiais de hixiene íntima. Poden provocar atascos e roturas nas tubaxes, bombas y outros equipos da rede de saneamento e depuración. Por outra banda, mentres lavámo-los dentes ou enxugamos as mans, é preciso manter a billa pechada, o que nos permitirá aforrar unha gran cantidade de auga. Por último, pero non menos importante, non debemos desbotar polo desaugadoiro medicamentos caducados ou que xa non empregues. En tódalas farmacias teñen un punto de recollida onde se van encargar de xestionalos atinadamente.