A importancia de depurar en tempos da covid-19

A auga é un ben moi escaso que debemos preservar. Na actualidade precisamos unha gran cantidade deste imprescindible recurso hídrico para a nosa vida cotiá. O consumo de auga potable, os seus usos nos fogares, na industria, na limpeza, no abastecemento para parques e xardíns ou en instalacións deportivas son só algúns exemplos.

Non obstante, ¿sabemos como funciona o ciclo da auga? A auga que consumimos nos nosos fogares provén da natureza, non sen antes ser tratada nas Estacións de Tratamento de Auga Potable, para que sexa apta para o seu consumo. Unha vez que empregamos este recurso, as augas residuais xeradas pola actividade humana chegan as Estacións Depuradoras de Augas Residuais para voltar en condicións ao seu medio natural. Como poden ser os ríos, os encoros, os pozos ou o mar, entre outras masas de auga.

Na actualidade este proceso ten máis relevancia que nunca por mor da covid-19. Mediante algúns estudos realizados nos últimos meses, detectouse a presenza de material xenético na rede de sumidoiros deste virus que está a confrontar toda a humanidade.

A covid-19 e o tratamento da auga

O papel do equipo técnico de Augas de Galicia, así como tódolos profesionais do sector da auga tiveron e teñen un papel fundamental. Durante o confinamento, abastecendo con tódalas garantías o suministro de auga a tódala cidadanía. Agora tamén, coa detección de material xenético do virus nos restos de augas residuais, que pode ser unha oportunidade para mellorar a súa detección e aproveitar esta nova vía para frear a pandemia. A pesar desta presenza nas nosas augas, mediante os procesos de tratamento e depuración levados a cabo nas estacións depuradoras de augas residuais e nas estacións potabilizadoras, garántese a calidade da auga que chega aso nosos fogares e tamén a que se deriva ao medio natural.

A manipulación das augas levada a cabo polo noso equipo técnico tamén é moi relevante. Por iso é moi importante o seguimento dos protocolos de prevención e todo momento.

Que estamos a facer desde Augas de Galicia?

En Augas de Galicia estamos a executar varios proxectos para a detección  do virus nas augas residuais. No primeiro deles, coa participación da Universidade de Santiago de Compostela e o Hospital Álvaro Cunqueiro. O obxectivo é estudar o impacto da covid-19 nas augas residuais e no medio receptor. Para levalo a cabo vanse tomar mostras en varios puntos da rede dos sistemas de depuración de Vigo, Ourense, Sanxenxo, Ribeira e Viveiro. Para iso, contaremos tamén coa participación das empresas concesionarias. A análise das mostras recollidas, vai permitir facer un seguimento da evolución epidemiolóxica así como xerar un sistema de alerta para actuar fronte ao virus.

Para o segundo plan de detección e modelización do virus imos contar coa participación da Universidade de Vigo, do CSIC e tamén das empresas que prestan os seus servizos ás depuradoras que forman parte do programa. As estacións depuradoras participantes son as de Baiona, Nigrán e Cambados, xestionadas pola Xunta. Neste caso a análise centrarase no punto de vertido ao dominio público hidráulico.

A Xunta de Galicia colabora tamén nun terceiro estudo, a través do Complexo Hospitalario da Coruña e da universidade da cidade. As probas realízanse na depuradora da Coruña, a EDAR de Bens, onde se determinará a calidade das augas e a presenza do virus.

Estes estudos constitúen unha ferramenta moi valiosa para a detección temperá da covid-19 nas nosas augas e unha importante acción para o impedimento de posibles rebrotes do virus. Así, coa realización destes proxectos, programas e plans, en Augas de Galicia estamos a aplicar os máximos esforzos para coidar das nosas augas máis que nunca ante esta forte ameaza, para preservar a saúde da nosa cidadanía e protexer a nosas paisaxes brindando unha auga da mellor calidade.

¡Ti tamén podes axudarnos! Adoptando hábitos de consumo responsable da auga e evitando verter polos desaugadoiros ou inodoros residuos, axúdasnos a que os sistemas de abastecemento de auga funcionen correctamente. Así poderemos coidar da mellor forma das nosas augas e centrar os nosos esforzos en devolverlle a súa calidade, e agora tamén, coa detección do virus, a frear a pandemia.