Como previr e actuar ante o risco de inundación?

Nos meses de verán, onde as precipitacións teñen menos frecuencia poden chegar a producirse episodios de seca, ou como como sucedeu nas zonas de Ortigueira e A Mariña coa situación de prealerta. Sen embargo, coa chegada do outono cambia a tendencia e estes niveis de precipitacións incrementan pudendo chegar a ocasionar inundacións nalgunhas áreas. Coas actuacións periódicas de limpeza e conservación fluvial, nas que se leva a cabo a retirada de árbores, pólas e madeira morta das canles dos ríos evitamos que se produzan atoamentos. Non obstante, as veces a forza das chuvias fai inevitable empregar outros métodos.

Por este motivo é moi importante prestar atención aos niveis dos ríos, dos encoros e facer uso de determinados sistemas que poidan alertar sobre a situación de forma temperá para poder actuar ante este tipo de situacións.

Que é o sistema “Merlín”?

O sistema Merlín é unha tecnoloxía que permite xerar alertas de forma temperá dos riscos de inundación na demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Este sistema xa foi desenvolvido de xeito piloto nas concas dos ríos Cee, Grova, Landro e Verdugo-Oitavén. Na actualidade, o programa esténdese a 21 concas de la demarcación e 10 novas áreas de risco potencial.

Unha singularidade das concas da nosa comunidade é o seu tamaño, xa que son moi pequenas. Esta característica fai que se produzan desbordamentos en apenas unas horas desde que comezan as precipitacións. Por iso é moi importante contar con sistemas de predición para poder anticiparse a estes episodios.

“Merlín” supón un avance na xestión dos riscos de inundacións. Esta nova tecnoloxía, que incorpora novos datos á análise da situación como os niveis da lámina de auga, as observacións de satélites ou o radar meteorolóxico, permite unha maior precisión, de xeito continuo, automático e en tempo real para poder anticiparse ante estes episodios nas zonas máis vulnerables. Esta maior previsión vai permitir coordinar as accións dos diferentes organismos que permitirán levar a cabo as medidas necesarias para minimizar os riscos.

Que podes facer ti para axudar?

Despedimos xa o verán hai unha semana e pouco falta para que comecen as precipitacións que tanto caracterizan á nosa comunidade. Por iso, ante posibles episodios de inundacións, aínda que non podemos evitar as fortes choivas, si podemos contribuír a mellorar a situación con pequenos xestos. Ademais de non esquecer o paraugas, e moi importante seguir as medidas de precaución que axuden a previr inundacións, tanto na vía pública como nos nosos fogares.

Por exemplo cando camiñamos pola rúa, en moitas ocasións atopamos lixo no chan. Estes desperdicios poden obstruír a rede de sumidoiros e xerar inundacións nas principais vías da nosa cidade. O mesmo ocorre nas saídas á natureza. O lixo nas canles dos ríos pode causar atoamentos producindo o desbordamento dos ríos ante a súa crecida.

Nos nosos fogares é moi importante tamén a adopción de boas prácticas. Na cociña non verter restos de comida polo vertedoiro ou aceite permite que as augas residuais circulen polas tubaxes sen producir obstrucións e roturas na rede de saneamento e así impedir fugas que poidan sumar as augas de choiva e producir inundacións.

 

En Augas de Galicia non podemos evitar as chuvias, pero si os atoamentos nos ríos coas accións de limpeza e conservación executadas. Co seguimento dos niveis dos rios e dos embalses, ademais dos sistemas de predición de alerta temperá, podemos coordinar a tempo os organismos implicados e tomar as medidas necesarias. E coa túa axuda, mantendo a rede de sumidoiros limpa.