COÑECENDO AS ÁRBORES DA RIBEIRA SACRA

Descubrir, coñecer, investigar, valorar a nosa contorna:

QUIROGA NA RIBEIRA SACRA.

Este é o título do proxecto documental do noso colexio que nos serve para coñecer mellor e identificar gran variedade de árbores dos bosques que nos arrodean, tanto de fraga coma de devesa.

O alumnado de 3º e 4º de primaria comezamos facendo unha investigación sobre o tipo de árbores que poboan os nosos bosques e repartímolos para o seu estudo. Elaboramos unha ficha coas características principais, o seu aproveitamento e usos e curiosidades desas árbores. Tamén realizamos unha saída de campo para observalas e diferencialas. E, por último, compuxemos un lapbook cos nosos traballos, como resumo da nosa investigación.