VISITA A MARGARIDE. Proxecto: Quiroga na Ribeira Sacra

O venres, día 19 de novembro, os alumnos e alumnas de sexto viaxaron ata Margaride, onde foron recibidos por Pablo e Sandra, da Bodega EDV, unha das adegas de Quiroga que forman parte da denominación de orixe Ribeira Sacra. Pablo foi un perfecto anfitrión que explicou aos nenos e nenas todo o proceso de elaboración do viño. Visitaron unha viña e a adega, en ambos lugares Pablo fixo unha magnífica e amena explicación sobre un produto tam importante na nosa zona como é o viño, transmitindo o amor que el sinte polo seu traballo. Tamén visitaron a zona “romana” de Margaride, o escenario da marabillosa Festa do Ouro. Alí Pablo explicou ao alumnado o proceso de extracción do ouro que usaban os romanos, e incluso entraron nas minas, o que foi moi emocionante para eles; por último, fixeron unha cata de aromas. Antes de marchar Pablo fixo unha exposición con proxección de diapositivas sobre a historia do viño e a súa relación cos Camiños de Santiago, e máis concretamente co noso Camiño de Inverno. Sen dúbida foi una gran experiencia