Premios no Certame de Investigación sobre o Camiño Inglés do Concello de Oroso

Alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés acapara os premios en categoría escolar do III Certame de Investigación sobre o Camiño Inglés que organiza o Concello de Oroso. Preténdese dar a coñecer o valor patrimonial do Camiño. Presentáronse númerosos traballos nas distintas categorías. Os que conseguiron os premios en categoría escolar facían referencia ao papel ...

O IES Plurilingüe de Ames recrea cadros da Idade Moderna

31. Maio 2019
Os alumnos e alumnas de 3º de ESO A da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe de Ames recrearon diferentes cadros de estilo renacentista e barroco no marco do estudo da Paisaxe moderna de Ames entre os camiños de Santiago no contexto global da Idade Moderna. Para esta recreación os alumnos e alumnas servíronse ...

Obradoiro de danza barroca no IES Plurilingüe de Ames

10. Maio 2019
O día 10 de maio, os alumnos e alumnas de 3º de ESO da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe participaron nun obradoiro de danza barroca. O alumnado viaxou no tempo e no espazo ata o esplendoroso Versalles de Luís XIV, onde se atopou coa mestra de corte, Loli Fojón, da academia LoDanzas, que ...

Festa renacentista no IES Plurilingüe de Ames

10. Maio 2019
O día 10 de maio, os alumnos de 3º de ESO da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe de Ames participaron nunha festa renacentista. Para preparar a festa o alumnado fixo unha investigación dos productos da época en Europa, moi variados despois da colonización de América, e tamén da decoración da mesa, na ...

ACTIVIDADES NOS CENTROS: O CPR Sagrado Corazón de Ribadeo recibe a visita do arqueólogo Miguel San Claudio

Na mañá de hoxe, 10 de maio, o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo asistiu a unha charla impartida polo arqueólogo subacuático Miguel San Claudio. Nela, ademais de achegarnos ao traballo desta interesante disciplina, tamén descubrimos a incomparable riqueza que posúen as costas galegas en canto a patrimonio cultural submarino. Dentro disto último, fixemos ...

O alumnado do CPR Sagrado Corazón de Ribadeo realiza un tramo do Camiño Norte

Na xornada do 29 de abril, o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Xesús (Ribadeo) realizou a pé o tramo do Camiño Norte que pasa polo noso concello, Ribadeo-A Ponte (Arante). Este realizouse coa colaboración dos membros do Obradoiro de Emprego “Ribadeo no Camiño”. Unha vez chegados ao noso destino, visitamos o Santuario da Nosa Señora ...