Os alumnos de 4º da ESO do IES Plurilingue de Ames desenvolveron un proxecto titulado “A Idade Contemporánea en Ames entre dous Camiños de Santiago” neste póster podes ver en que consistiu o seu traballo e como adaptaron o seu desenvolvemento ao estado de alarma. Póster Educación Patrimonial 2020
Pese a que o confinamento polo estado de alarma provocado pola Covid19 obrigoulles a interromper o traballo, neste póster podedes ver un resumo do proxecto titulado Camiño de Faro do IES Agra do Orzán da Coruña MIRANDO POLO CAMIÑO. CAMIÑO DE FARO. IES AGRA DO O RZAN A CORUÑA
Os alumnos do CEIP Fontes Baiña de Baiona desenvolveron o proxecto titulado “Somos un Camiño de 9.7” na modalidade Mirando polo Camiño. Accede ao seu póster para saber en que consistiu o seu traballo: POSTER CEIP FONTES BAIÑA
Algúns dos carteis realizados no noso centro educativo ,partindo das acuare- las feitas en terceiro e manipulando o material cun smartphon . Algunhas pezas feitas na escola da Bauhaus
Na area de plástica comenzouse por facer un pequeno achegamento histórico á oleria ,facendo fincapé no caracter funcional da mesma , e da vixencia deste caracter o longo do tempo , con este fin falouse da escola da Bauhaus ,na que se impartian clases de cerámica e ademais conciliaban artesanía e arte. ...
Dende a materia de Lingua castelá e literatura íamos profundizar no léxico asociado á arte da olería e nos tecnicismos arquitectónicos relacionados coa estrutura dun mosteiro, pero a suspensión das clases presenciais truncou este traballo- – Oleiría: nomes das principais técnicas, materiais, instrumentos e tipos de recipientes. Realización de fichas con todos os termos ...
O noso proxecto de Olería e mosteiro nas nosas aulas, chegou ao seu fin a través da elaboración dun libro dixital que recolle parte dos traballos que fomos realizando ao longo deste curso tan diferente. Houbo actividades e tarefas que foron modificadas xa que só se poderían levar a cabo de xeito ...
A olería é unha actividade artesanal presente en todas as culturas dende tempos moi remotos. Na clase de Latín e Cultura Clásica estivemos traballando a etimoloxía dalgúns termos da olería. E poidemos concluír que, ao estar esta actividade tan estendida, é posible atopar termos que derivan de diferentes linguas. Palabras derivadas do latín Arxila. Deriva ...
Os alumnos e alumnas de 4 de ESO de Xeografía e Historia realizaron o proxecto de investigación Mensaxes a través do tempo no que se puxeron na pel de diferentes personaxes históricos de época contemporánea. Os personaxes históricos foron asignados por parellas aos alumnos e alumnas, mais sen desvelar en ningún momento que alumno ou ...
Ola a todos/as, O noso proxecto sobre a riqueza patrimonial da comarca de Castro Caldelas quedou reducido a este pequeno documental sobre o patrimonio arquitectónico moderno na vila de Castro Caldelas (uso da galería corrida mailo esgrafiado) e o patrimonio medieval oculto, relacionado co uso dos muíños fluviais. No futuro, temos a confianza de que ...