O alumnado do IES Beade xa realizou o traballo de campo, tomando distintas medidas sobre os hórreos e entrevistando aos donos. Vos deixamos uns pequenos exemplos.
No IES Poeta Díaz Castro estamos a desenvolver un proxecto para descubrir e valorar a nosa biodiversidade como un patrimonio natural, nesta ocasión, cun proxecto europeo eTwinning: Cadea de hoteis de insectos, cuxo TwinSpace recolle toda a información da actividade levada a cabo. Nesta ligazón podedes acceder á primeira descrición, neste medio, do noso proxecto. ...
O día 8, martes, e hoxe, xoves,día 10, estiveron no colexio Pablo e Sandra da Bodega EDV 2015, SLU de Margaride falando cos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º o de primaria, dos produtos mais representativos do noso territorio, especialmente da viticultura e a elaboración do viño; pero tamén doutros produtos que ...
Reinterpretando en feminino a escultura do Miradoiro de Soutochao. Poñendo en valor ás mulleres da Ribeira Sacra. http://bibliodoceipquiroga.blogspot.com/2022/03/8-de-marzo-dia-internacional-da-muller.html
Seguimos co noso proxecto de “Quiroga na Ribeira Sacra”. Nesta ocasión e xa que Quiroga non ten personaxes típicos do Entroido, traballamos aqueles personaxes típicos dos concellos da Ribeira Sacra que si teñen un personaxe característico. Así,fixemos un traballo colaborativo por ciclos e confeccionamos un mural con todas as máscaras realizadas. Quedaron moi ben!! http://bibliodoceipquiroga.blogspot.com/2022/03/mural-de-entroido-mascaras-do-entroido.html ...
Entroido no CEIP: Despois dunha semana de intriga pensando que pretendía o Meco cos seus mandados, hoxe por fin resolveuse o misterio. Todos e todas transformámonos en Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada. Os volantes portan sobre a cabeza enormes gorros repletos de cintas entre as que varía una ampla gama de cores, aínda que ...
O alumnado do colexio aprende a ubicar Quiroga dentro da extensa comarca da Ribeira Sacra, a través deste gran mural que colgamos no descanso das escaleiras de acceso ao 1º andar.
Presentámosvos un podcast composto por contos terroríficos que se desenvolven el lugares da Ribeira Sacra e que foron creados polos nenos e nenas do CEIP. Podedes escoitalos no seguinte enlace:
Os alumnos e alumnas de sexto de primaria visitaron o Museo Xeolóxico de Quiroga. Alí foron recibidos por Ramón Vila, director do museo, que lles explicou de xeito moi didáctico a historia xeolóxica do Xeoparque Montañas de Courel. Moitas grazas a Ramón que sabe espertar como ninguén o interese dos nenos e nenas! Sen dúbida ...
Descubrir, coñecer, investigar, valorar a nosa contorna: QUIROGA NA RIBEIRA SACRA. Este é o título do proxecto documental do noso colexio que nos serve para coñecer mellor e identificar gran variedade de árbores dos bosques que nos arrodean, tanto de fraga coma de devesa. O alumnado de 3º e 4º de primaria comezamos facendo unha ...