VISITA A MARGARIDE. Proxecto: Quiroga na Ribeira Sacra

16. Decembro 2021
O venres, día 19 de novembro, os alumnos e alumnas de sexto viaxaron ata Margaride, onde foron recibidos por Pablo e Sandra, da Bodega EDV, unha das adegas de Quiroga que forman parte da denominación de orixe Ribeira Sacra. Pablo foi un perfecto anfitrión que explicou aos nenos e nenas todo o proceso de elaboración ...

REINTERPRETACIÓN DOS MURAIS DE QUIROGA DO AUTOR MON DEVANE

16. Decembro 2021
Os alumnos e alumnas de 2º de primaria traballaron a temática do Camiño de Santiago e a Ribeira Sacra a través das olivas da nosa zona. Xogaron coas súas cores favoritas para reinterpretar os debuxos dos murais de Quiroga do autor Mon Devane, coas súas caras. Aquí podedes ver parte dos seus traballos.      ...

Visita a Carballalleira e ao muiño da Barranqueira

12. Novembro 2021
No día 12 de novembro de 2021 o alumnado  de Ciencias Aplicadas 2 de FP Básica do IES Antón Losada Diéguez realizaron unha saida na contorna do centro educativo. Nesta visita podemos coñecer  un museo vivo como é a natureza da Carballeira. Neste lugar o alumnado pudo descubrir a diversidade de cogumelos, minerais e formacións ...