Aquí deixamos algúns dos trípticos informativos da Ruta Traslatio elaborados polo alumnado de 4º da ESO do noso centro. Un dos trípticos foi enviado ao Concello de Catoira para que poidan expoñelo e difundilo, tratando deste modo de axudar a dar a coñecer a Ruta Traslatio dentro do noso concello.
Unha das saídas do 2º trimestre foi moi especial, porque participamos nun escape room sobre o Camiño que se desenvolve pola zona histórica da nosa vila. A pesar do calor e de ter algún inconvinte que solventamos sen novidade, desfrutamos moito da actividade e ademáis a Oficina de Turismo de Sarria colaborou con nós proporcionándonos ...
O pasado xoves día 9 de xuño o alumnado de 4º da ESO xunto con 4 profesores desenvolveron o tramo fluvial da Ruta Traslatio dende Catoira ata Pontecesures para despois continuar polo Camiño Portugués ata Santiago de Compostela. A Ruta Traslatio é unha iniciativa que conmemora a chegada por mar a Galicia do corpo do ...
Como actividade final do proxecto, elaboramos un póster dixital con códigos QR no que se ven reflectidas todas as actividades que fixemos ao longo de todo o curso. Esperamos que vos guste!!
Este terceiro trimestre dentro do noso proxecto “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”, enmarcado no Plan Proxecta Educación Patrimonial: Mirando polo Camiño, leváronse a cabo 4 actividades: Unha visita guiada ao cuartel de Dolores o día 20 de abril da man da historiadora Carmen Perales Garat, que realizou a súa explicación centrada na preservación ...