O alumnado de 6º de primaria, acompañado polos mestres Sara e Javier e pola guía Marta, visitaron a Ribeira Sacra: o encoro de Belesar, o Eco-museo e o Castro de Arxeriz e o impresionante meandro do río Miño “ O cabo do Mundo”. Foi unha xornada moi produtiva na que aprenderon moito sobre a paisaxe ...
O alumnado de 1° e 2° saíron visitar o paseo Fluvial do río Quiroga para facer unha actividade de recoñecemento e recolleita da flora da nosa contorna. Foi un día de desfrute ao aire libre para o profesorado e o alumnado https://photos.app.goo.gl/TuSztzF41V3uSbWc6
Conmemoramos o Día da poesía elaborando poemas acrósticos nas clases cos lugares máis representativos do noso concello. Así traballamos a poesía e o PDI: Quiroga na Ribeira Sacra. Día da Poesía Click to read this book, made with Book Creator https://read.bookcreator.com
Este terceiro trimestre dentro do noso proxecto “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”, enmarcado no Plan Proxecta Educación Patrimonial: Mirando polo Camiño, leváronse a cabo 4 actividades: Unha visita guiada ao cuartel de Dolores o día 20 de abril da man da historiadora Carmen Perales Garat, que realizou a súa explicación centrada na preservación ...
Esta semana recibimos a visita de Andrés Bonilla o arqueólogo que está a realizar os traballos de investigación sobre o “Primus Portus Apostoli” no lugar da Barca en Padrón. O alumnado de 4º da ESO gozou desta interesante charla que nos permitiu coñecer con maior profundidade diferentes aspectos tanto das orixes do Camiño de ...
Vai chegando o fin de curso e, con el, a fin do proxecto! En España (Galicia e Extremadura), xunto con Portugal e Turquía, temos xa organizada a “apertura” dos Hoteis de Insectos da Cadea Europea do noso eTwinning. En Guitiriz, xa está asentado, preto do invernadoiro construído con botellas de plástico, convertendo esa parte do ...
O pasado xoves 28 de abril os alumnos/as de 3º ESO realizaron unha excursión a Arxeriz onde visitamos o Ecomuseo, o Pazo e o Castro. O obxectivo era coñecer un pouquiño máis a Ribeira Sacra… e conseguímolo!! Ao chegar ao Ecomuseo fomos recibidos por Mar e Sonia que nos explicaron como se vivía nesa zona ...
O alumnado do IES Beade xa realizou o traballo de campo, tomando distintas medidas sobre os hórreos e entrevistando aos donos. Vos deixamos uns pequenos exemplos.
Como actividade de centro na semana da prensa fixemos un xornal sobre o Camiño de Santiago, para iso recompilamos todas as noticias que ata hoxe falaban do Camiño e tamén outros documentos de interese. Grazas a todas as familias pola súa colaboración!!!
No IES Poeta Díaz Castro estamos a desenvolver un proxecto para descubrir e valorar a nosa biodiversidade como un patrimonio natural, nesta ocasión, cun proxecto europeo eTwinning: Cadea de hoteis de insectos, cuxo TwinSpace recolle toda a información da actividade levada a cabo. Nesta ligazón podedes acceder á primeira descrición, neste medio, do noso proxecto. ...