Os alumnos de 2º ESO, repartidos en dous grupos, fixeron uns traballos na materia de Tecnoloxía, estudando as estruturas románicas e góticas. Un grupo analizou as estruturas construtivas das catedrais románicas, exemplificandoo na catedral de Santiago de Compostela. Link: https://view.genial.ly/620e26130a8a2a0010ad2499/interactive-content-lista-arte-horizontal E o outro analizou as estruturas construtivas das catedrais góticas, exemplificandoo na catedral de León. Link: https://view.genial.ly/6214be4355289800114683f2/interactive-content-genially ...
Os alumnos de 4º de Educación Primaria despois de facer un estudo das igrexas e capelas do tramo guardés de Camiño Portugués da Costa, como lugares onde descansar e rezar entre a vila portuguesa de Caminha e o Mosteio de Santa María de Oia, fixeron un mural con toda a información e gravaron un vídeo explicándoo ...
Os alumnos de 3º de Educación Primaria despois de aprender os aspectos das principais lesións que poden padecer os peregrinos así como o seu tratamento, gravaron un vídeo explicándoas e indicaron algúns consellos para realizar o camiño de xeito óptimo. Enlace ao vídeo da actividade “Coidados peregrinos”: https://drive.google.com/file/d/1bCLL-8PstGaf47deLwWWleph_gnSkd3F/view?usp=sharing
Os alumnos de 2º ESO realizaron una entrevista a un familiar ou amigo que tivera feito calquera dos Camiños de Santiago. Enlace a actividade “Entrevista a un peregrino”: https://drive.google.com/file/d/1TxdzOZem6l_npo1mSW-cZBKYRsvplmEl/view?usp=sharing
Os alumnos de 1º ESO gravaron un vídeo percorrendo e explicando todo o tramo do Camiño Portugués pola costa que transcorre o Concello da Guarda. Durante unha xornada lectiva gravaron máis de cen vídeos, collendo o traxecto dende todas as perspectivas, e explicando os puntos de interese que ían atopando. Enlace ao vídeo da actividade: ...
Os alumnos de 6º EP e 1º e 2º ESO da aula específica de educación especial realizaron unhas ilustracións, aprendendo como evolucionou o equipamento que leva un peregrino. Dadas as características desta aula, nalgún caso o debuxo levou moitas horas de traballo e moito esforzo. Enlace a actividade “O equipamento do peregrino”: https://drive.google.com/file/d/19ZKdEjmSwpxCuXM962bSZRlttzrEqfyW/view?usp=sharing
O día 8, martes, e hoxe, xoves,día 10, estiveron no colexio Pablo e Sandra da Bodega EDV 2015, SLU de Margaride falando cos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º o de primaria, dos produtos mais representativos do noso territorio, especialmente da viticultura e a elaboración do viño; pero tamén doutros produtos que ...
Reinterpretando en feminino a escultura do Miradoiro de Soutochao. Poñendo en valor ás mulleres da Ribeira Sacra. http://bibliodoceipquiroga.blogspot.com/2022/03/8-de-marzo-dia-internacional-da-muller.html
Seguimos co noso proxecto de “Quiroga na Ribeira Sacra”. Nesta ocasión e xa que Quiroga non ten personaxes típicos do Entroido, traballamos aqueles personaxes típicos dos concellos da Ribeira Sacra que si teñen un personaxe característico. Así,fixemos un traballo colaborativo por ciclos e confeccionamos un mural con todas as máscaras realizadas. Quedaron moi ben!! http://bibliodoceipquiroga.blogspot.com/2022/03/mural-de-entroido-mascaras-do-entroido.html ...
Entroido no CEIP: Despois dunha semana de intriga pensando que pretendía o Meco cos seus mandados, hoxe por fin resolveuse o misterio. Todos e todas transformámonos en Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada. Os volantes portan sobre a cabeza enormes gorros repletos de cintas entre as que varía una ampla gama de cores, aínda que ...