Historias da “Maletra” na B.P.M. de Aldán
Actividade desenvolta o luns 20 de maio no marco da programación do Día das Letras Galegas. Unha vez máis, Raquel Queizás deleitounos cun espectáculo de contos, convidándonos a viaxar polo mundo adiante para amosarnos as diferentes culturas. Os cativ@s interactuaron dende o primeiro intre de todas as historias e lendas relatadas.