“O Ratiño Presumido”, na B.P.M. de Quiroga
Contacontos teatral no que participaron uns trinta nenos e nenas, e os pais e nais que os acompañaron.
A maiores dos divertidos contos do Ratiño Presumido, a actividade complementaria resultou moi interesante coa instalación na biblioteca dun expositor no que se ubican os contos favoritos dos ratos de Lonxedetodo.