Contacontos de libros contentos na biblioteca de Cariño
A contadora Carmen Domech asistiu a biblioteca de Cariño coa actividade “Contacontos de libros contentos”. A actividade tivo lugar o día 26 de abril as 11.00h no auditorio da Casa da Cultura, na planta baixa da biblioteca. Asistiron 80 nenos de educación infantil e primaria do colexio de Cariño, acompañados polos seus profesores. Os nenos divirtéronse e participaron activamente da actividade.