A influencia da Gran Lili Gruyére
O día 30, ás 19,00 h. chegou a Biblioteca “Camilo Gonsar” de Sarria a GRAN LILI GRUYÉRE. No anterior contacontos os nenos descubreron un novo xeito de ver os contos, non só ler tamén moverse e representálos. Con A Gran Lili foi moito máis, cantaron, falaron, e xa a SORPRESA da casa da Gran Lili, e tamén “de Carolina”, como dixeron os pequenos, pois Carolina non tiña casa, fixo que aumentaran os socios da biblioteca. Os dous contacontos foi un éxito nesta biblioteca. Moitas grazas.